Saturday 18 de May de 2024

O Concello inicia as obras de renovación do pavimento en Brañas Verdes e no acceso ao ‘Hermanas Patiño’


· Esta actuación ten un orzamento de 48.375,80 euros e está financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

O Concello de Camariñas levou a cabo a acta de replanteo previa ao inicio dos traballos para a renovación do pavimento no acceso ao ‘Hermanas Patiño’ e en Brañas Verdes, un proxecto que conta cun orzamento de 48.375,80 euros e que está financiado a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

Os traballos suporán a renovación do pavimento, por unha banda, nun tramo de estrada que dá acceso ao campo de fútbol municipal ‘Hermanas Patiño’ desde outra vía municipal que vai desde o núcleo urbano ata o Faro Vilán e, pola outra, actuarase nunha vía ao sur do núcleo de Brañas Verdes, que dá acceso a algunhas casas.